Blogging tips

24 oct 2013

Non existirían bibliotecas se non houbera persoas que amasen os libros

As bibliotecas toman vida e sentido, a través dos lectores e lectoras que entran nelas na busqueda de coñecemento, aventuras, novas experiencias...
Pero para que os libros esten neses andeis que para os lectores son máxicos, para axudar ós novos lectores e lectoras a procurar o libro que os inicie nunha viaxe sen fin, para eso necesitamos as bibliotecarias e bibliotecarios.
Neste ano no que a proposta de fomento das Bibliotecas Escolares queda plasmada na ciencia, parécenos moi necesario visibilizar ás persoas que mantiveron vivo o espírito de investigación e se centraron na elaboración de novos métodos para achegar os libros e a cultura a toda a sociedade.
Moitos deses homes e mulleres eran mestres e mestras que creían nunha escola PÚBLICA, GRATUÍTA, LAICA, DE CALIDADE E CERCANA A TODA A SOCIEDADE.

A inclusión deste vídeo vai por eles e son a nosa fonte de inspiración, porque eles e elas xa fai anos (non tantos...) comprendían a IMPORTANCIA E NECESIDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


No hay comentarios:

Publicar un comentario