Blogging tips

3 dic 2013

Decembro: ENFIANDO EMOCIÓNS DENDE A BIBLIOTECA. Contos que poden axudar a comprender mellor os dereitos humanos

O día dez de decembro é o escollido no mundo enteiro para facer visibles os dereitos humanos. E cales son estes?...É certo que os temos?...Son respectados en todo o mundo?...Que podemos facer nós para que sexan reais no noso contorno?...
Ó longo destes días iremos colgando entradas para que vaiades investigando e tendo información.
De momento vos mostramos un interesante conto, para facervos pensar sobre cales son "OS DEREITOS QUE TODO SER HUMANO TEN QUE TER".

CONTO 1: "EL PUEBLO QUE NO QUERÍA SER GRIS"

Nun pobo de mil cores cheo de alegría, todos os habitantes falaban de paz, de liberdade...Pero sen saber como nin por que, apareceu alguen que dixo BASTA! e todas as cores comezaron a perderse ata chegar á cor gris... 



E si preferides escoitar o conto...

ARTIGO 1º: Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.

CONTO 2: "EL CAZO DE LORENZO" Todos e todas arrastramos o noso cazo, e que máis da?...É o bo do mundo, que todos e todas somos diferentes.
CONTO 3: "LAMBERT, LEÓN CORDERO" Todos e todas temos dereito a unha familia. Todas as familias son diferentes.

CONTO 4: "LA LÍNEA" Todos e todas somos responsables do que acontece ó noso arredor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario