Conmemoramos coas familias "O DÍA DA PAZ", mediante este conto que plasma como cun pequeno esforzo persoal, podemos cambiar moitas cousas.
Pero para o colexio é unha sesión moi, moi, pero que moi especial. CUMPLIMOS 1 ANO!...
Quen nos ía dicir aquel 31 de xaneiro de 2013, día chuvioso e tristón, que a nosa biblioteca se ía iluminar cun montón de persoas que asistían a escoitar unha pequena historia...Non vos podedes imaxinar o importante que foi para todos.
Grazas a vos, podemos continuar con este proxecto, que esperamos que se alongue no tempo todo o posible: contando nos, contando as familias, contando os nenos e nenas...
O escritor deste mes, José Saramago, ten unha frase que encaixa moi ben coas nosas experiencias:
“E si as historias para
nenos e nenas foran lectura obrigada
para os adultos?...Seríamos realmente capaces de aprender o que dende fai tanto
tempo, vimos ensinando?...”
No hay comentarios:
Publicar un comentario