Os autores do conto" Casos y cosas de gusano y mariposa", unha parella formada por un ilustrador e unha escritora
Ayax era un ilustrador que entrou no mundo da literatura para nenos e nenas grazas á invitación de Beatriz, a súa compañeira, que escribía historias. Así esta parella publicou moitos libros, entre eles alguns que axudaron a pensar, crear e imaxinar: Una pluma con historia, El pueblo que no quería ser gris, La línea...
Estes libros estimulan o crecemento dos lectores, porque lles plantexan interrogantes, para poder ser activos e curiosos.
Aínda que pareza mentira, moi poucos anos despois da creación destes libros (aproximadamente en 1976), Beatriz e Ayax tiveron que marchar do seu país, Arxentina, xa que os seus libros foron prohibidos porque según as autoridades estes textos poderían iniciar ós nenos e nenas no camiño da liberdade, a creatividade e a autonomía. Increíble verdade?...Xusto o que hoxe en día tratamos de facer os mestres e mestras na escola.
Este é o motivo polo que queremos recuperalos.
Beatrice e Ayax, tiveron que percorrer varios países, buscando un novo lugar para vivir, pero sin perder o humor, a imaxinación e a sensibilidade, XUNTOS E IGUAIS.
E un día chegaron a Barcelona, e alí quedaron a vivir, como a bolboreta de “Casos y cosas de gusano y mariposa”. Continuaron pintando e escribindo e publicaron moitos libros máis para nós.
http://lamemoriayelsol.wordpress.com/2009/08/20/la-linea-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/
http://darabuc.wordpress.com/2008/04/13/una-pluma-con-historia-de-beatriz-doumerc-y-ayax-barnes/
http://blog.eternacadencia.com.ar/archives/2009/1784
No hay comentarios:
Publicar un comentario