O xoves 8 de xaneiro emitiuse o programa de radio que preparou o alumnado de 4º do noso cole.
Visitaron a Radio Municipal de Tui e fixeron a gravación antes das vacacións de Nadal.
O contido do programa consistiu nunha recomendación literaria.
O libro:" A nai da nai da miña mamá", un conto novo que temos na biblioteca e que xa podedes levar en préstamo.
No estudo de gravación estiveron os que facían de locutores pero todos poideron vivir a experiencia en primeira persoa.
Foi unha actividade moi interesante na que participaron todos.
Así o contaron os protagonistas:
BORJA "Foi unha experiencia maravillosa porque puiden recomendar a moitas persoas un libro precioso".
UXÍA G. "Foi unha experiencia inolvidable xa que poidemos compartir este libro con todos".
IVÁN "Gustoume moito porque poidemos recomendar este libro e estabamos un pouco nerviosos"
MARTA "Foi unha experiencia moi bonita porque poidemos transmitir un conto novo".
LAURA G. "Foi unha experiencia única e inolvidable porque compartimos as mensaxes con todos os que o escoitaron".
NEREA "Gustoume moito ir á radio aínda que me puxen un pouquichiño nerviosa. Cando os meus compañeiros e eu escoitamos a radio sentínme orgullosa do que gravaramos".
Para os que non o escoitaron e para os que queirades repetir, aquí vos deixamos o enlace.
PROGRAMA
NORABOA A ESTES "PEQUENOS GRANDES LOCUTORES" PORQUE O FIXERON MOI BEN !!!
Mirade, mirade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario