Esta semana, como non podía ser doutro xeito, celebramos o día das bibliotecas escolares.
Hoxe comezamos co conto «Que será o que ten?». A mestra e compañeira
Esperanza agasallou con este conto ás nenas e nenos de 4°, 5° e 6° de
primaria. Un conto que ten por protagonista a Roberta, unha nena capaz
de trocar ás persoas e cousas do seu entorno dun xeito moi creativo e
artístico.
Os nenos e nenas de infantil, 1°, 2°e 3° recibirán os
seus respectivos agasallos polo día das bibliotecas, mañá martes, o
mércores e o xoves, respectivamente. Neste caso, será da man de tres
nenas de 5° e 6°, que lles contarán o conto da «Galiña Azul», de Carlos
Casares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario