Blogging tips

23 nov 2016

FALADOIROS DE EDUCACIÓN



Este xoves, 24 de novembro,  terá lugar o segundo “Faladoiro en Educación” organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.
A cita será ás 18h Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica baixo o título “Igualmente diferentes” a cargo da tudense Mercedes Oliveira Malvar, doutora en filosofía e licenciada en pedagoxía é un dos maiores referentes no campo da educación sexual. Actualmente é catedrática de no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo. Foi fundadora do Grupo “Enxergo de Didáctica da Filosofía”, e presidenta da ONG de Derechos Sexuales Federación de Planificación Familiar de España. No seu haber conta diversos libros e publicacións como “Aprendendo a ver a desigualdade”, “Eros: Materiais para pensar o amor”, ou “¿Quen somos?”. En 2011 foi galardoa co premio Irene La Paz empieza en casa do Ministerio de Educación pola coordinación do “Proyecto Bata” realizado por alumnos e profesores para visibilizar o traballo non recoñecido e non valorado que realizan as mulleres. En 2010 foi recoñecida a súa traxectoria innovadora no programa de Educación Sexual que leva  a cabo con adolescentes de 4º da ESO co premio especial Irene, e en 1995  obtivo o premio Nacional Educación y Sociedad a materiais didácticos de innovación educativa do Ministerio de Educación e Cultural polos libros "O animal Humano" e "Eros: Materiais para pensar o amor".
Na súa charla deste xoves, e ante a celebración o venres, 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de xénero, reflexionará sobre qué estamos a facer mañ para que non consigamos paliar a lacra da violenca de xénero, que se pode facer dende a educación, e como traballar cos mozos neste tema.
As próximas sesións dos Faladoiros de Educación serán o 15 de decembro co tema “Uso reflexivo e seguro de internet e redes sociais”,  o 12 de xaneiro celebrarase o obradoiro “Autocontrol  a través da relaxación”, o 2 de febreiro “Educando en positivo” e o último o 2 de marzo “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.
Todas charlas serán ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con entrada libre ata completar o aforamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario