Blogging tips

16 nov 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dende o 19 de novembro ata o 6 de decembro ímos levar a cabo actividades científicas para os nenos e nenas de todo o colexio.

Os encargados e encargadas de impartilas, serán os alumnos e alumnas de 6º de E.P. Esta tempada están moi concienciados da importancia da ciencia nas nosas vidas. Van ensinarnos o que aprenderon na semana que estiveron en Santiago de Compostela nun campamento STEM (ciencia,tecnoloxía,enxeñería e matemáticas).

Comezamos a próxima semana con electricidade, explicando: Electróns, os circuítos...Non vos contamos máis.

As actividades as faremos na hora de ler na biblioteca:

- Luns: EDUCACIÓN INFANTIL.
- Martes: 1º e 2º.
- Mércores: 3º e 4º.
- Xoves: 5º.

VAI SER MOI CHULO! Bloggers Rubén, Laura e Estela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario