Blogging tips

23 abr 2020

Sesión de contacontos do MARCO de Vigo

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez “As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka) Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo para público familiar.


Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!


Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas… Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida??? Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos. Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…


No hay comentarios:

Publicar un comentario