Blogging tips

27 ene 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Mañá xoves 28 de xaneiro os nosos nenos e nenas de Sobrada participan facendo unha recomendación de lectura. A proposta nesta ocasión é "Un nobelo de luz" de Charo Golmar. Un poemario onde ten cabida toda a rapazada e especialmente aquelas e aqueles que teñen máis dificultades para expresar os seus sentimentos. Nobelo de luz quere ser esperanza, abrir os ollos e concienciar á sociedade de que outro mundo mais comprensivo debe ser posible. Nobelo de luz segundo palabras de Xosé Luna, autor do limiar, é unha lección de vida para comprender que todos somos diferente(mente) iguais.

1 comentario:

  1. Hoxe atopei nesta fiestra un fermoso agasallo do CEIP de Sobrada. Moitas grazas por facervos eco de "Nobelo de luz". Un honor para min saber que florece nas vosas mans. Emocionada recollo a vosa valiosa achega e quedo a vosa disposición para o que precisedes. Forte e agarimosa aperta. Charo Golmar

    ResponderEliminar