Blogging tips

24 sept 2021

Benvid@ a un novo curso!!

Ola a tod@s, esperamos que pasarades un bo verán. Pero agora xa tocou voltar ao cole e por iso vos damos a benvida.

Hoxe traemos unha boa nova, o 4 de outubro reabrimos unha porta aos mundos máxicos, coñecementos e historias de todas as cores,  é dicir, a biblioteca do colexio.

 Precisamos seguir tendo coidado e respectar as medidas de seguridade e normas de hixiene, así disfrutaremos de moitas  horas de lectura e viaxes a través da imaxinación.

Entra, colle un libro e desfruta da nosa Biblioteca Escolar!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario