Outubro é o mes das bibliotecas escolares e o día 24 conmemoramos o día da biblioteca.
O lema deste ano é A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro. Para facer máis visible este día imos realizar unha sesión de contacontos para todo o alumnado. De momento, non imos desvelar nada sobre esta actividade, porque queremos que sexa unha sorpresa. Seguro que o imos pasar moi ben.
Como adianto, aquí vos deixamos un vídeo con imaxes das bibliotecas más importantes do mundo, de antes e de agora, que nos axudarán a entender a importancia destes espazos de cultura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ufff!!! Como me gustou a de Kansas City..é unha pena que estea tan lonxe...
ResponderEliminar