Neste curso, dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, queremos propoñervos esta actividade de fomento e uso do galego. Si vos fixáchedes, nas escaleiras de subida ás aulas, hai un neno "moi falangueiro", con tantas gañas de dicir palabras fermosas que ata ten a lingua de fora.
Por cada aula, tedes que colocar catro palabras con temas relacionados coa época do ano na que estamos, "O OUTONO", para que o rapaz teña vocabulario para falar na nosa fermosa lingua.
O alumnado de Educación Infantil terá como tema "OS FROITOS", 1º e 2º "RECEITAS", 3º e 4º "XOGOS TRADICIONAIS" e 5º e 6º "O BOSQUE".
Para que vos inspiredes un pouquiño e si queredes saber algo mais destes temas, vos deixamos
algunhas suxerencias literarias e enlaces interesantes.
"OS FROITOS"
"AS RECEITAS E CON QUE FACELAS"
"OS XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS NO OUTONO E NA ESCOLA"
"O BOSQUE"
E agora, para rematar
e animarvos a participar,
vos deixamos unha cantiga
sobre a lingua amiga:
A LINGUA É A NOSA VITAMINA,
DALLE USO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario